Miguel Azguime [Poesía contra distancia]

Miguel Azguime caracterízase pola orixinalidade e diversidade do seu traballo, no que funde as súas capacidades como compositor, performer e poeta. Esta fusión reflicte a proximidade das súas inquedanzas cunha visión case mística da música e da arte. En 1985, xunto a Paula Azguime, fundou o Miso Ensemble, un dúo aplaudido pola crítica e o público internacional que o converteu unha das referencias da música contemporánea portuguesa. Colaborou con recoñecidas formacións de todo o mundo e participou nal- gúns dos festivais de música máis celebrados de Europa. No Respira! físico ía estrear en Galicia a obra salt itnerary. Para o Respira! Web creou este poema sonora de impresionante envolvencia.