Brais Nogueira [Poesía contra coronavirus]

Brais nogueira é xornalista. Formou parte do colectivo Alter Ego e é un recoñecido poeta nos recitais de Poesía e Microrrelato de Compostela e Vigo. Autor do volume Agridulce (2017), Nogueira comezou a escribir por necesidade e atopou na poesía unha canle para falar o que non se pode contar doutros xeitos.

Catro anos pasaron
E a neboa segue aí
Seguen aí os aloumiños pola noite, a escala musical inconclusa

Segue aí,
Como a lembranza de cor vermella e os paxaros do carón da miña casa
Como os fados no Barrio Alto de lisboa, como o meu cerebro en treboada.
Éigual e diferente ao mesmo tempo.
Son soños e realidades dun xeito distinto.
Hobbits bailando na pousada no Poni Pisador.
Todo segue aí pero máis nítido e menos escrito.
Fa sostenido e segue igual
Sol menor e soa igual
unha semicorchea sobre a que danzar dubitativo
Todo segue igual pero eu vou mellor.
Son un retrouso en inglés,
Un intento de galego normativo
E un falar na linguaxe das gaivotas en agosto.