Paulo Maestro [Poesía contra coronavirus]

Paulo Maestro é o actual campión de Poetry Slam Compostela e como tal participou na final de Poetry Slam España, celebrada o pasado setembro en valladolid, onde acadou o noveno posto de entre as 24 sedes oficiais do Estado. É integrante dos colectivos Son Rural (do que é membro fundador) e Ialmas Máxicas. O amor pola poesía apareceu na súa vida durante a infancia, cando lía os significados das palabras no dicionario como se fose un xogo.